lunes, 9 de diciembre de 2013

Templo Urbán, unha poesía en galego.




Templo urbán

Fuxindo de ruas e ceos grises
cos que me afoga a cidade
do seu gris que te envolve
coma un manto de tristura

Adéntrome no templo pagán
deixo as rúas, entro no lar,
báquico templo tabernario
aislado do gris exterior

A un paso do exterior, da cidade,
trasladado a terras alén do mar
onde moran os fillos de Míl
tamén descendentes de Breogán

Detéñome ante un dos altares de pedra
limpo mármore, sobre ferro pousado,
sento na cálida madeira
(sexa con respaldo ou sen el)

Un momento de repouso
unha mirada os fregueses
fiéis do culto á Ceres Líquida,
bebedores do zume da deusa.

Fago una primeira solicitude
á bacante que atende no lugar,
primeiro café, espertar líquido
para o cansazo derrotar.

Chéganme as novas caducas
os sucesos do mundo de onte
en papel burdo e pregado,
nada novo que sinalar.

Pasa (fuxe) o tempo esgotado
e con el o cansazo do xornal,
revivo pola máxica apócema
do café que estou a tomar

Convoco de novo a sacerdotisa
cun chamado con aires de oración
pido a sangue espírito do orxo,
a dourada e líquida comunión.

Dourada sangue e escuma branca
en límpido recipiente de cristal
bebida do Baco céltico…
e algo para acompañar…

Cervexa, dorada cervexa,
don líquido, esprito do cereal,
bebida de antigos tempos
que alimenta coma o pan

Pasa o tempo, chega o repouso,
contemplo o traballo sacerdotal
tralo altar maior, longo e branco
vexo as bacantes escanciar

Contemplo ós fieis vir ó templo
tomar comunión e marchar
e pola maxia da divina brebaxe
as penas pasadas esquecer

E eu contemplo en silencio,
coma noutros tempos atrás
noutro tempo, outra época,
máis sempre no mesmo lugar.

Agardo o alento das musas,
ben de Calíope, ben de Erato,
con moderna pluma na man
ante a temida folla en branco.

Outras veces me somerxo na lectura
do que outros nos quixeron deixar
as veces buscando nas súas ringleiras
alguna inspiración fugaz.

Outros días acompaño a bebida
ca lectura, nada máis,
o simple pracer das historias
que fan o maxín voar.

É a taberna, o novo templo,
templo que nunca quedará
sen fieis que acudan relixiosamente
para a súa “comunión” tomar.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario